Skip to content

Provincias de Galicia

Galicia, Galiciae ou Galiza é unha comunidade autónoma española, situada ao noroeste da Península Ibérica e formada polas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Xeograficamente, limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Portugal, ao oeste co océano Atlántico e ao leste co Principado de Asturias e Castela e León (provincias de Zamora e de León).

A Galicia pertencen o arquipélago das illas Cíes, o arquipélago de Ons, e o arquipélago de Sálvora, así como outras illas como Cortegada, Arousa, as Sisargas, ou as Malveiras.

Galicia posúe uns 2,78 millóns de habitantes (2008), cunha distribución poboacional que aglomera a maior parte na franxa entre Ferrol e Vigo. Santiago de Compostela é a capital de Galicia cun estatuto especial, dentro da provincia da Coruña.

O himno de Galicia, Os Pinos, elaborado por Eduardo Pondal, refírese a Galicia como a nación de Breogán, heroe celta. O Estatuto de autonomía, no seu artigo primeiro, define a Galicia como unha nacionalidade histórica.