Skip to content

Historia de Galicia

Galicia é unha comunidade autónoma española, situada ao noroeste da Península Ibérica e formada polas provincias da Coruña, Lugo, Orense e Pontevedra. Xeograficamente, limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Portugal, ao oeste co océano Atlántico e ao leste co Principado de Asturias e Castela e León (provincias de Zamora e de León).historia

Galicia posúe uns 2,78 millóns de habitantes (2008), cunha distribución poboacional, Santiago de Compostela é a capital de Galicia cun estatuto especial, dentro da provincia da Coruña.

O himno de Galicia, Os Pinos, elaborado por Eduardo Pondal, refírese a Galicia como a nación de Breogán, heroe celta. O Estatuto de autonomía, no seu artigo primeiro, define a Galicia como unha nacionalidade históricaLa Xunta de Galicia

A Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía, aprobado en 1981, como órgano colexiado do Goberno de Galicia. Na actualidade, a Xunta está composta polo presidente, un vicepresidente e doce conselleiros. A comunidade exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e dos seus entes e órganos dependentes.

Corresponde á Xunta aprobar os regulamentos xerais dos seus propios tributos e elaborar as normas regulamentarias precisas para xestionar os seus impostos estatais cedidos de acordo cos termos desta cesión e a elaboración e aplicación do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia, que deben ser examinados polo Parlamento.

A Xunta tamén se encarga de coordinar a actividade das Deputacións Provinciais do seu territorio naquilo que afecte dun xeito directo ao interese xeral de Galicia, e para iso unirá os orzamentos elaborados por elas. Así mesmo, poderá encomendar a execución dos seus acordos ás devanditas deputacións, que serán as encargadas de levar a cabo as funcións transferidas polo Executivo Autonómico.

A Comunidade ten tamén unha serie de competencias exclusivas, entre as que se atopan aquelas referidas á organización das súas institucións de autogoberno e das comarcas e parroquias rurais como entidades propias de Galicia; ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda, actuacións en relación ás institucións do Dereito Civil galego; normas procesuais e procedementos administrativos que se deriven do específico Dereito galego ou da organización dos poderes públicos; obras públicas; vías férreas, estradas e transporte; portos e aeroportos; aproveitamentos forestais, hidráulicos e relativos á enerxía eléctrica; augas minerais e termais; pesca nas rías e augas interiores; feiras e mercados; artesanía, patrimonio artístico, bibliotecas, museos, conservatorios de música e servizos de Belas Artes; fomento da cultura e da investigación; promoción e ensino da lingua galega, do turismo e do deporte; asistencia social; creación dunha Policía Autonómica; réxime das fundacións; casinos, xogos e apostas; centros de contratación de mercancías e valores; confrarías de pescadores e distintas cámaras e normas adicionais sobre a protección do medio ambiente.
Pazo de Raxoi desde a escaleira da fachada do Obradoiro da catedral compostelá

Concello Santiago

 

A Presidencia da Xunta de Galicia e o concello de Santiago comparten sede oficial no Pazo de Raxoi, construción neoclásica sita na praza do Obradoiro. Os edificios administrativos de San Caetano e San Lázaro acollen na actualidade as diferentes consellerías.

 

Concello Santiago